O pregón de Merchi Álvarez inaugura a 66ª Festa do Albariño de Cambados

CAMBADOS> Daban a unha do mediodía e na praza do concello centenares de cambadeses preparábanse para a festa máis agardada do ano. Dende o balcón, Merchi Álvarez, presidenta de GaliciaAme convertíase na primeira muller pregoeira da Festa do Albariño na que é a súa edición número 66.

Merchi é veciña de Cambados, algo que se deixou notar nas palabras de agarimo que dende a praza lanzaban os seus conveciños. Tamén no orgullo que a pregoeira non foi quen de ocultar.

Ante unha entregada audiencia, a presidenta de GaliciAme loubou as características de Cambados e do rei dos brancos que se ten convertido no buque insignia da vila.

Metida de cheo no seu papel como pregoeira, Merchi Álvarez animou a cambadeses e visitantes a participar e gozar destas festas, dando paso a cinco días de celebración que revolucionarán a vila de Cambados.