Campionatos galegos semi rápidos de xadrez en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía acollerá os campionatos galegos das modalidades semi rápidas de xadrez. Máis de 200 xogadores daranse cita a fin de semana en Fexdega. O torneo repartirá 1160 euros en premios.

A vindeira fin de semana, Vilagarcía celebrará o XVII Campionato semi rápidas Santa Rita de xadrez. Nel disputaranse os torneos galegos das dúas modalidades máis rápidas deste deporte: lóstrego e rápidas.

A emoción destas partidas está nos tempos de cada modalidade.

No torneo participarán algúns dos mestres titulados neste deporte.

O evento que se celebrará en Fexdega é clasificatorio para o campionato de España. A modalidade de lóstrego disputarase o sábado a partir das 4 e a de rápidas o domingo durante todo o día. Repartiranse 1160 euros para os primeiros clasificados de cada categoría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí