Louzán e Mirón supervisan o inicio das obras de Cidade Deportiva

cidadedeportiva_100_040706.jpgBARRO > Xa está en marcha a cidade deportiva do Pontevedra Club de Fútbol. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o presidente do club Nino Mirón supervisaban este martes o inicio das obras, que se desenvolven en terreos situados no municipio de Barro. A Deputación inviste nesta actuación 360 mil euros.

cidadedeportiva_300_040706.jpgO parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra iniciou o martes en Barro as obras de construcción da Cidade Deportiva do Pontevedra Club de Fútbol. Os traballos foron supervisados polo presidente da Deputación Rafael Louzán e polo máximo representante do club Nino Mirón, que estiveron acompañados polo alcalde de Barro.

 As instalacións darán servizo a tódolos clubs base de Pontevedra. A actuación está valorada en 360 mil euros e nesta primeira fase estanse a explanar os terreos. O complexo, de 50 mil metros cadrados, estará dotado de catro campos de fútbol, dous de terra batida, un de herba natural e outro de herba artificial. Estes últimos, segundo Nino Mirón, son os que máis urxen e poderían estar listos en 8 meses.

Outra obra que verá pronto en marcha o club será a remodelación do campo de fútbol de Pasarón. Nesta obra tamén colabora a Deputación, conxuntamente co concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Rafael Louzán considera necesario que o club granate tamén forme parte da comisión de seguimento da obra.

Redacción Salnés