Suma Ribeira presenta alegacións á suba do orzamento do auditorio

RIBEIRA> Suma Ribeira levará ó vindeiro pleno unha moción para que se someta a debate o suplemento de creto presentado pola empresa que resultou adxudicataria das obras de construción do novo auditorio municipal. A estimación inicial da construtora para facer esta actuación ascendía a uns 2’5 millóns de euros, que agora con este incremento pasaría os catro.

Por esta razón dende a formación piden a realización dun pleno no que se debata este incremento solicitado pola empresa construtora para poder executar a obra, que supón un 60% máis do presuposto inicial. Unha cantidade o suficientemente elevada como para que se dean as explicacións oportunas que motivaron a ampliación do presuposto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí