As prioridades do BNG son rematar a circunvalación, reformar Mollavao e ampliar Montecelo

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá as súas propostas en materia de infraestruturas. A recuperación da ría de Pontevedra, a reforma de Mollavao ou a ampliación de Montecelo son algunhas das prioridades do grupo local.

A avenida de Marín foi o lugar elixido polo Bloque Nacionalista Galego para anunciar todas as propostas en materia de infraestruturas. O lugar non foi casual xa que o principal obxectivo do BNG de Pontevedra é a recuperación da ría de Pontevedra, pero non é o único. Lores comprometeuse esta mañá a rematar a circunvalación de Pontevedra ata Curro.

Os nacionalistas comprométense a que, unha vez estean rematados os novos Xulgados, a principal dotación sexa a execución do Gran Montecelo.

Outro dos proxectos estrela do BNG será conectar a estrada de Marín coa autovía a través de Mollavao.

O candidato á alcaldía tamén mencionou a variante de Alba, a mellora da seguridade viaria no Camiño de Santiago ou a remodelación do nó de bombeiros e da senda verde entre Pontevedra e Arcade. Un conxunto de infraestruturas coas que Lores está convencido de que Pontevedra “seguirá medrando”.

Comments are closed.