“Un Verso, Un Cantar” en Cambados para homenaxear ós emigrantes galegos

CAMBADOS> Cambados presenta o espectáculo “Un Verso, Un Cantar” que se celebrará no auditorio o día 31. O evento substituíra ó tradicional premio Ramón Cabanillas que se traslada a xullo. No evento actuarán o Bruxo Queiman e Andrea Pousa.

O concello de Cambados celebra cada ano o Premio Ramón Cabanillas nas datas próximas ó seu nacemento, o 3 de xuño. Este ano, dado que o premiado non pode asistir ata xullo, modifícase a data do certame e no seu lugar estrearán o espectáculo Un Verso, Un Cantar.

Un Verso, Un Cantar é un espectáculo da compañía Queiman e Pousa que combina poesía e canción en homenaxe ós emigrantes dos anos 50. O evento terá lugar no auditorio de Cambados o venres 31 a partir das 8 e media.

O autor homenaxeado este ano é o xaponés Takekazu Asaka. Que tras visitar Galicia comezou a traducir ó xaponés obras en galego de artistas escritores como Rosalia de Castro e Ramón Cabanillas.

O premio Ramón Cabanillas trasládase a xullo que é cando pode asistir o escritor xaponés que, ademais, presentará a súa tradución do libro A Rosa de Cen Follas do escritor cambadés.