MADRID> Cambados estivo presente en Fitur coa presentación da Xunta das súas festas gastronómicas de interese turístico. O acto supuxo unha oportunidade para que a vila aumente a promoción da súa vila pero tamén para poñer en valor a importancia da gastronomía e do sector vitivinícola no municipio e na comarca. No seu paso por Fitur, Cambados tamén mantivo reunións e encontros con empresas, entre os que destaca a súa participación dentro do estand de pobos máxicos de España.
A Xunta de Galicia está poñendo en valor nesta edición de Fitur os seus produtos gastronómicos con indicativos de calidade. E esa posta en valor, tamén inclúe as festas gastronómicas. Dentro desta promoción, a Xunta destinou un espazo para as súas festas con interese turístico internacional na que estivo representada a Festa do Albariño de Cambados.
Para cambados, estar en Fitur é un escaparate moi importante. A través da promoción da festa do Albariño, Cambados consegue unha importante repercusión económica para toda a comarca.
O paso de Cambados por Fitur tamén destaca pola súa participación no estand de vilas máxicas de España.
Cambados tamén estivo presente nos actos da Deputación de Mancomunidade do Salnés. Entre os encontros mantidos, o alcalde resalta a reunión cos embaixadores de China para aumentar a visita de turistas do país asiático.