Vilanova e a tradición xacobea de Arousa, grandes protagonistas da edición de 2025 da Ruta Quetzal

VILANOVA> Vilanova será un ano máis o punto de inicio da Ruta Quetzal. A expedición partirá o día 29 de xuño deste municipio, co Camiño de Santiago como gran protagonista. Percorrerán os concellos de Mar de Arousa e mesmo farán un treito da ruta do Padre Sarmiento. Nesta edición, na que participarán 200 mozos de toda España, o grupo tamén descubrirá a tradición xacobea noutros territorios, como en Lugo, Ourense e Estremadura.

Vilanova converterase de novo no punto de partida da Ruta Quetzal, creada polo xornalista Miguel de la Quadra-Salcedo no ano 79. Uns 200 mozos chegados de toda España arrancarán dende aquí o 29 de xuño a súa aventura. Unha edición na que o Camiño de Santiago será o gran protagonista e que permitirá á repazada entrar en contacto coa tradición xacobea.

Outra das etapas vana arrancar en Sanxenxo.

Unha segunda estadía en Vilanova que tamén lles permitirá coñecer a realidade desta zona, como o marisqueo ou a industria conserveira, así como a figura de Valle-Inclán. A ruta completarase cun percorrido polo resto de concellos de Mar de Santiago e outros treitos en Lugo, Ourense e Estremadura. Hoxe na presentación, o director de Turismo de Galicia destacaba que esta iniciativa serve para trasladar aos mozos os valores do Camiño.

Dende o concello de Vilanova agredecen que, de novo, o municipio sexa un dos grandes protagonistas desta Ruta Quetzal.

Para esta edición rexistráronse 1.000 solicitudes, das que foron seleccionadas 200. Ademais de atender ao seu currículo académico, nesta edición tamén se seleccionaron a través do denominado valor meritorio, é dicir, tívose en conta de forma positiva a mozos e mozas federados nalgún deporte, que teñan formación musical ou que teñan recoñecida de forma oficial a aprendizaxe dalgún idioma.