A Illa quere ter rematada a nova senda do Naval para o vindeiro verán

A ILLA>  O concello da Illa de Arousa quere que a nova senda peonil do Naval estea rematada antes do vindeiro verán. Esta mañá, o alcalde insular asinou co presidente provincial un convenio para o financiamento desta actuación. A obra ten un investimento 440.000 euros, dos que a Deputación achegará o 90% dos fondos.

Hai meses que a deteriorada senda peonil do Naval foi retirada. A nova será unha realidade antes deste verán, segundo a intención do goberno da Illa de Arousa. Para a súa construción, vanse investir máis de 442.000 euros, dos que a Deputación achega o 90% en base a unha subvención herdada do anterior goberno provincial. Esta mañá o presidente Luis López asinaba co alcalde insular ese convenio.

O proxecto contempla a construción de novas beirarrúas nesta zona, a ampliación das que xa hai e a reordenación das prazas de estacionamento.

Aproveitando a visita do presidente provincial ao concello, o equipo de goberno aproveitou para trasladarlle algunhas peticións, nas que queren implicar á Deputación. A prioritaria, avanza o alcalde, a construción do futuro pavillón polideportivo.

Luis López comprometeuse co goberno local a escoitar e atende-las súas demandas, reiterando o seu compromiso co municipalismo e o apoio por parte da Deputación aos proxectos que impulsen os concellos da provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí