A VI travesia Navega el Camino chega a Vilagarcía capitaneada pola olímpica Ángela Pumariega e coa participación de 52 mulleres

VILAGARCIA> A mancomunidade do Salnés recibe en Vilagarcía á expedición da VI travesía Navega el Camino. Nesta edición participaron 52 mulleres a través de 14 etapas diferentes. A expedición estivo capitaneada pola olímpica Ángela Pumariega.

A mancomunidade do Salnés organizou en Vilagarcía un acto de benvida para a expedición da VI travesía Navega el Camino. Esta ruta marítima pon en valor o camiño de Santiago a través do mar.

Con esta ruta, as Mancomunidades do Salnés e de Arousa Norte buscan promocionar a ría de Arousa e atraer a peregrinos dende o norte de Europa.

Na travesía Navega el Camino tamén participa Northmarinas. Dende a asociación de portos do norte de España destacan a importancia destas iniciativas para fomentar as actividades náuticas.

Este ano a travesía titulouse ‘A muller e o mar’. Estivo formada por 52 mulleres que realizaron 14 etapas dende o 4 de xullo. A expedición rematará o seu traxecto mañá en Santiago.

A expedición a capitaneou a olímpica Ángela Pumariega. A atleta destacou as rías galegas onde é posible navegar os 365 días do ano.

Dende Vilagarcía destacaron que a edición estivese dedicada á muller por todas as traballadoras da ría de Arousa que traballan no mar.

A travesía navega o camiño ademais de ser un reclamo turístico tamén pretende dinamizar o territorio e vinculalo co sector náutico e pesqueiro. Esta ruta marítima contribúe ao uso das instalacións náuticas podendo xerar ata 32 mil empregos indirectos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí