O mercado temporal de Sanxenxo gusta a praceiras e clientes

SANXENXO> Sanxenxo estrea mercado provisional. Un baixo comercial da rúa Progreso acolle dende hoxe os postos da praza de abastos da localidade. As praceiras din estas contentas con esta solución temporal. Terán que agardar tres anos para poder estrea-las novas instalacións do mercado municipal.

Dende hoxe este é o mercado de Sanxenxo. Trátase dunha solución temporal, mentres se cosntrúe a nova praza de abastos da localidade. As praceiras foron trasladadas a un baixo da rúa Progreso, a un local no que antes había un supermercado.

E tempo terán, porque ata dentro de tres anos non van remata-las obras do novo mercado de abastos. O Concello alugou ata daquela este baixo e habilotou parte dun aparcadoiro disoasorio próximo para os clientes.

A posta a punto deste baixo supuxo un investimento de 50.000 euros. A nova localización está próxima ao mercado de sempre, para que non repercutise nos comercios da zona.

Ademais, calcúlase que o derribo do vello mercado comezará a finais deste mes. Iso si, condicionado por algún que outro problema co cableado eléctrico e telefónico. Unha vez en marcha, calcúlase que a demolición e retirada dos cascallos prolongarase durante cinco semanas.