VILANOVA> Gañemos Vilanova denuncia presuntas irregularidades nas contratacións de persoal no concello da vila. Segundo a formación que encabeza Elena Cores, o goberno de Gonzalo Durán elabora as bases dos procesos a medida para garantir que se axustan a persoas concretas. A última contratación que consideran sospeitosa é a dun técnico de administración xeral.
Gañemos Vilanova volve cuestionar a política de contratación do concello da vila. Para a formación, os procesos de selección de persoal están cheos de irregularidades.
O último que chamou a atención da formación foi o aberto para cubrir unha praza de técnico de administración xeral. Só dez persoas presentáronse para o posto; entre elas, un antigo traballador do concello. El conseguiu a segunda mellor puntuación e, na seguinte fase do procedemento, os candidatos un e tres da lista non se presentaron.
Deste xeito ven claro que as bases do proceso foran elaboradas para conseguir a contratación desa persoa como traballadora do concello.
Segundo Elena Cores, non é a primeira vez que se da esta situación no concello vilanovés.
Comments are closed.