O PP quere un novo colexio para Ribadumia

RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia aposta pola construción dun novo colexio no municipio. O seu candidato asegura que o actual Julia Becerra Malvar queda pequeno para atender a demanda educativa que xerou o crecemento poboacional da localidade. Martín Vázquez xa mantivo un encontro coa consellería de Educación para trasladarlle esta necesidade.

Para o Partido Popular de Ribadumia, o Julia Becerra Malvar queda pequeno para atender a demanda educativa do concello. A formación considera que o centro quedou obsoleto.

Hai algo máis dun mes que o seu candidato mantivo un encontro coa Consellería de Educación. Martín Vázquez explica que a aposta da formación pasa pola construción dun novo centro, que atenda todas as demandas educativas da localidade.

A proposta do PP é que o novo centro se constrúa na parcela que ocupa o actual, aínda que son conscientes de que habería que adquirir terreos adxacentes. Tamén reclaman que a actuación sexa integral, reformando toda a contorna do colexio.

Trala súa reunión coa Conselleira de Educación, o departamento autonómico comprometeuse a enviar técnicos para analizar a situación sobre o terreo, na procura da mellor solución para mellorar as infraestruturas educativas de Ribadumia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí