Os socialistas sonenses dispoñen de nova sede

PORTO DO SON> O novo local, que está situado na avenida de Galicia, na zona do porto, pretende converterse nun punto de información e asesoramento para tódolos veciños do municipio.

Coa vista posta nas próximas eleccións municipais do 26 de maio, a formación liderada por Miguel Mayán vén de estrear nova sede. O local, situado na avenida de Galicia, na zona portuaria, pretende ser un punto de encontro no que os veciños poidan dar a coñecer as súas  inquietudes e necesidades.

Aproveitouse ademais o acto para dar a coñecer o nome da persoa que ocupará o segundo posto da lista. Neste caso será María Vila Sobrido, licenciada en Psicoloxía, que asume o reto de liderar, xunto con Miguel Mayán, o cambio que, segundo eles, Porto do Son necesita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí