Boiro volverá acoller este verán o Campus do Obradoiro

BOIRO> A actividade, que foi presentada no Concello, desenvolverase do 24 ó 29 de xuño.

Por sétimo ano consecutivo o Monbus Obradoiro volverá a desenvolver en Boiro o seu campus de verán, o único que organiza na tempada estival. Será do 24 ó 29 de xuño e volverá a estar dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 18 anos.

Dende o Concello destacaron a importancia desta actividade e o orgullo de poder acollela un ano máis. Xunto ao Concello, tamén colaboran co Campus outras entidades como é o caso do CB Santa Baia ou a empresa Jealsa Rianxeira.

As inscrición xa están abertas. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.obradoirocab.com. O prezo do campus irá dende os 115 ós 175 euros, con varios prezos e opcións de desconto para os participantes.

Comments are closed.