Os bipartitos de esquerdas manterían o poder nas deputacións da Coruña e Pontevedra

    PONTEVEDRA> Se ben nos concellos “é o veciño quen escolle o alcalde”, non acontece o mesmo coas corporacións provinciais. A falta de que os datos sexan oficiais, PSdeG-PSOE e BNG manterían o poder na Deputación da Coruña e na Deputación de Pontevedra. No caso da última, o PSdeG impúxose como primeira forza na provincia. En 2015 non o conseguira e gobernou grazas á suma cos nacionalistas. O PSdeG de Pontevedra incrementou o seu número de deputados en tres, chegando aos 13.

    Analizamos como é o sistema de elección das corporacións provinciais. A clave está nos votos que suman as formacións en cada partido xudicial nos que se dividen as provincias.

    Comments are closed.