O Partido Popular votará en contra da investidura do BNG

PONTEVEDRA> Esta intención de Miguel Anxo Fernández Lores de continuar na Alcaldía os próximos 4 anos foi unha resposta ás declaracións que fixo esta mañá o portavoz do PP de Pontevedra. Rafa Domínguez mostrouse convencido de que os resultados electorais do pasado 26M reflectiron claramente o fin de ciclo do BNG na cidade e manifestou o seu descontento cun posible pacto entre os nacionalistas e os socialistas.

Os populares de Pontevedra presentaron esta mañá as súas credenciais na Secretaría do Pleno do Concello. No acto, o portavoz do partido mostrouse convencido de que os resultados electorais e a saída do BNG de persoas relevantes para a corporación nos últimos días son a mostra de que os nacionalistas están ante un fin de ciclo.

Pase o que pase o vindeiro Día da Investidura, os populares xa anunciaron esta mañá a súa intención de votar en contra do BNG. Algo que non aconteceu fai 4 anos, cando o PP decidiu absterse porque os nacionalistas tiñan a lista máis votada.

En relación ao posible goberno en coalición entre o BNG e o PSOE, os populares aseguraron que non ven a ningún dos dous partidos coa intención de pactar.

O Partido Popular manterá a semana que ven una reunión onde programarán e organizarán o traballo dos vindeiros meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí