As anécdotas da xornada electoral

    PONTEVEDRA> Monxas votando, candidatos que levaron os seus fillos a votar, outros que non tiñan moi claro en que urna ía cada papeleta… Estas son algunhas das imaxes máis graciosas da xornada.

    As monxas, moi madrugadoras, foron practicamente as primeiras cidadás que vimos na xornada exercendo o dereito a voto. Fixérono no IES Valle-Inclán de Vilagarcía de Arousa.

    Entre os candidatos que estiveron acompañados polos seus fillos, dous dos populares máis afortunados da comarca de Pontevedra. Ángel Moldes, candidato do Partido Popular en Poio e forza máis votada nestas eleccións, apareceu co seu pequeno Sebastián. Tamén se acompañou dos seus fillos Rafa Domínguez, o candidato do PP de Pontevedra. El non gañou as eleccións, pero obtivo un moi bo resultado (9 edís fronte aos 7 de 2015) que non lle outorgaban nin as enquisas máis favorables.

    Outra das protagonistas foi a alcaldesa e candidata do PSdeG-PSOE de Cambados, Fátima Abal. A candidata estivo a piques de introducir a papeleta europea na urna das eleccións municipais. Por sorte, deuse conta a tempo e cando o tiña xa todo listo para soltala da man.

    Votaron maiores, “medianos” e tamén algúns pequenos aos que lles fixo ilusión introducir as papeletas nas urnas. Todo o mundo quixo participar na “festa da democracia”… ata quen estaban de resaca.

    Comments are closed.