Entre tensión e petardos, así foi o Pleno de Investidura de Lores

PONTEVEDRA> O Pleno de Investidura déixanos dous protagonistas. O primeiro, Miguel Anxo Fernández Lores. O segundo, Ence. Os traballadores da pasteira concentráronse ás portas do Teatro Principal para defender a continuidade da fábrica en Lourizán. Entre gritos e petardos foron recibindo a cada un dos concelleiros do BNG e do PSOE; e entre aplausos aos do PP.

No Pleno de Investidura de Pontevedra palpábase a tensión. Pero non dentro do Teatro Principal, senón fora.

Así foi a chegada dos concelleiros nacionalistas.

E así a saída.

Durante todo o acto, os traballadores de Ence concentráronse ás portas do Teatro para reivindicar os seus postos de traballo. Entre gritos, bucinas e petardos, os operarios da pasteira foron recibindo a cada un dos edís do BNG e do PSOE. Unha situación a que fixeron referencia tanto Lores como Tino Fernández, nas súas intervencións.

E se a tensión foi a protagonista antes do pleno, máis o ía a ser ao rematar. Os enfrontamentos chegaron ao seu punto máis álxido coa saída dos socialistas. Un momento no que, incluso, tivo que intervir a Policía Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí