A Deputación de Pontevedra pide unha comisión interadministrativa para protexer Adro Vello

O GROVE> A deputación de Pontevedra e o concello do Grove propoñen a creación dunha comisión entre administracións para abordar o futuro do Adro Vello. Este consello deberá establecer as acciónsa realizar para converter a zona nun referente arquitectónico. Os primeiros traballos estarán encamiñados a que o Adro Vella sexa declarado Bic.

A deputación de Pontevedra e o concello do Grove queren que o Adro vello da vila deixe de ser motivo de disputas políticas e se converta nun referente arquitectónico da comunidade. Ambas administracións propoñen a creación dunha comisión xunto coa Xunta e Costas para establecer as medidas a tomar para garantir os coidados da zona.

Este plan director abordaría as actuacións a realizar no Adro Vello tanto a curto como a longo prazo. As máis urxentes serían a de evitar o deterioro da zona e a de conseguir a súa declaración de BIC.

Os coidados da zona son o que máis preocupa no concello do Grove. Dende o goberno local xa levaron propostas á xuntapara evitar que as dunas deterioren os xacementos. O equipo de Cacabelos descarta realizar outras accións na zona se antes non se garanten os coidados das escavacións.

Dende o concello piden á xunta que actúe na zona e cumpra coas promesas que fixo hai un ano. O desexo do goberno de Cacabelos é protexer a zona, descubrir todo o xacemento do Adro Vello e que se obteña a declaración deBic xunto co Castro do Carreiro e as Salgadoiras da Barrosa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí