A chave de goberno de Silvia Díaz está cada vez máis preto do BNG que do PP

POIO> Comezan as negociacións para os pactos en varios concellos da comarca. Un deles, o de Poio. A agrupación de Silvia Díaz, Avante Poio, ten a chave do goberno. Unha chave que parece que cada vez está máis do lado do BNG e do PSOE que do Partido Popular.

Tras as primeiras reunións cos candidatos á alcaldía, Silvia Díaz parece que ten claro cal será a súa posición nas vindeiras semanas.

De apoiar ao BNG, Silvia remarca a importancia dunha rexeneración no Concello de Poio.

Avante Poio conseguiu entrar na corporación municipal cun concelleiro, e agora ten, sen dúbida, a chave do goberno.

Agora soamente queda esperar aos próximos pasos que dean as agrupacións municipais de aquí ao vindeiro día 15, día da Investidura.