BOIRO> O goberno de Boiro levará este xoves a pleno a súa proposta de orzamentos cun importe total de 21 millóns de euros. No capítulo de investimentos destaca a reforma da Casa da Cultura mentres que no de gastos a principal suba refírese ó persoal trala aprobación do RPT.
O orzamento de Boiro para este ano supera os 21 millóns de euros, o que supón un incremento do 22 por cento con respecto ó anterior exercicio debido principalmente á póliza de crédito para financiar a achega municipal da reforma da casa da cultura. Aínda que este é o principal investimento destacan outras actuacións como as melloras en vías e camiños, saneamento e a instalación de placas fotovoltaicas en edificios públicos.
No que respecta ós gastos, destaca o incremento do canon de SOGAMA aínda que a maior suba atopámola na capítulo de persoal trala recente aprobación da RPT que suporá un incremento salarial dun millón de euros. Trátase dun exemplo da aposta do goberno polo emprego calidade que xunto coa formación, a dotación de chan industrial e a creación de vivenda constitúen os piares da súa política.
As contas reflicten tamén a baixada da débeda que continúa coa senda descendente ata o 22 por cento mentres que o remanente supera os 900 mil euros.