PONTEVEDRA> O gasto en conservación que inverteu a Consellería do Mar nos catro primeiros meses do ano nas instalacións portuarias da provincia de Pontevedra supera xa os 500.000 euros. Unha cifra que, segundo Portos de Galicia, é superior a do ano pasado.
Co obxectivo de mellorar a seguridade nas instalacións portuarias da provincia de Pontevedra, Portos de Galicia aumentou nos catro primeiros meses do ano, o gasto para a conservación e o mantemento dos mesmos. Un gasto que supera xa os 500.000 euros.
O presidente de Portos de Galicia destaca a importancia deste incremento do gasto e recorda que a administración se encarga de manter soamente aquelas instalacións que xestiona directamente.
Portos de Galicia tamén remarca que tanto a conservación como o mantemento cada vez son máis necesarios en toda a provincia polo paso do tempo e polo uso das instalacións.