A Mancomunidade do Salnés pon o foco nas verteduras ilegais ao Umia

RIBADUMIA> A Mancomunidade do Salnés creará unha oficina de control de verteduras. O obxectivo é detectar e analizar a intencionalidade dos vertidos. A mancomunidade tomará esta medida trala denuncia dunha nova mancha contaminante.

A mancomundiade do Salnés dará resposta a unha das grandes demandas da comarca, a loita contra as verteduras. O ente comarcal creará unha oficina de control de verteduras tras unha nova denuncia de mancha contaminante no río Umia. O obxectivo desta oficina será detectar e analiza-las verteduras.

Dende a mancomunidade denuncian que moitas destas verteduras son provocadas de forma ilegal. As súas tarefas centraranse unicamente en detectar e analizar xa que o ente comarcal non ten potestade sancionadora.

Neste último caso, a vertedura foi denunciada polo club de Piragüismo o Muíño. Dende o concello de Ribadumia consideran fundamental acabar con este problema medio ambiental.

Dende a Mancomunidade do Salnés xa tiñan un proxecto de substitución desta tubaxe que non se chegou a realizar. Nas vindeiras datas a dirección do ente comarcal reunirase con augas de Galicia para arranxar o problema.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí