Os técnicos recomendan agardar á parada vexetativa dos viñedos para comezar coa poda

CAMBADOS> Os viñedos atópanse na fase de caída da folla previa á parada vexetativa. Neste período os técnicos das adegas recomenda agardar o máximo posible para comezar a poda. Os especialistas tamén aconsellan facer análises do chan e ter coidado coas enfermidades da madeira.

Unha vez remata a etapa da vendima, os viñedos comezan a perder pouco a pouco as súas follas ata entrar no período de parada vexetativa. En moito casos os viticultores adiántase ao comezo de esta etapa para comezar a podar. Un traballo que os técnicos aconsellan non facer ata que as plantas perdan por completo a súa vexetación, agás nalgún caso concreto.

Esta época tamén e boa para que os viticultores fana unha análises do chan.

A principal precaución que teñen que ter os viticultores nesta etapa ten que ver coas enfermidades da madeira. Os técnicos aconsellan ter precaución coa poda de cepas afectadas, especialmente en días de choiva.

A etapa de parada vexetativa adiántase naqueles viñedos que non tiveron os coidados adecuados. Aquelas que chegaron a vendima en plenas condicións conservan aínda moita folla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí