Renovación no BNG de Sanxenxo

SANXENXO> Novos tempos para o BNG de Sanxenxo. Maximino González e David Otero deixan a primeira liña da formación e Andrea Ucha pasará a ser a número 2. A nova concelleira asegura estar preparada para adoptar un papel activo dentro do concello.
O BNG de Sanxenxo renova a súa primeira liña. David Otero, antigo portavoz do partido, e Maximino González, actual número dous, deixan a formación e Andrea Ucha acompañará a Sandra Fernández na cabeza da corporación local.
Andrea Ucha que concorreu as eleccións como número tres do partido ascende agora á segunda posición e converterase en concelleira. A nacionalista asegura estar preparada para asumir un papel máis activo.
Andrea Ucha ocupará o posto de Maxi Gónzalez. O ata agora número dous do partido deixa a formación por temas laborais pero seguirá ligado ao partido.
Outra dos que deixan a formación é David Otero. A marcha do que fora portavoz do partido era, se cadra, máis esperada ó concorrer nas listas na decimo sétima posición.
Dende a formación aseguran que, a pesar de non ser a segunda forza máis votada, esperan, a nivel táctico e político, ser o principal grupo da oposición.