A Xunta promove vinte cursos para desempregados no Barbanza

BOIRO> Trescentos desempregados benefícianse dos programas de formación financiados pola Xunta no Barbanza. O delegado territorial na Coruña visitou a academia Arca, en Boiro, un dos centros homologados para impartir estes cursos.

Un total de vinte cursos compoñen a oferta formativa para desempregados no Barbanza que está a impulsar a Xunta de Galicia. Os encargados de impartilos son os propios concellos ou ben centros concertados como a academia Arca, con sede en Ribeira e Boiro.

Destacan precisamente eses altos índices de inserción cunha porcentaxe do sesenta por cento de acceso ó mercado laboral.Tan só no Barbanza, a Xunta investiu máis de oitocentos trinta mil euros no desenvolvemento destes cursos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí