RIBEIRA> A consellería de Política Social incorpora ó concello de Ribeira ó programa ‘Xantar na Casa’. Esta mañá a conselleira, Fabiola García, asinaba co alcalde a adhesión do municipio a esta iniciativa que xa chega a máis de 1300 persoas en todo Galicia.
A consellería de Política Social, Fabiola García, e o alcalde, Manuel Ruiz, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que permitirá a incorporación deste municipio ao programa ‘Xantar na casa’ impulsado pola Xunta. Unha iniciativa destinada ás persoas maiores, a través da cal, se reparten en toda Galicia uns dez mil menús semanas, cunha atención de máis 1300 persoas. A titular deste departamento destacou a importancia deste programa ó que Ribeira se sumará xunto a outros sete novos concellos de toda Galicia, nos que se inclúe tamén a Porto do Son.
Pola súa banda o rexedor ribeirense fixo alusión a que grazas a incorporación ó programa uns catorce maiores do municipio poderán beneficiarse da iniciativa, recibindo na súa casa un menú san e cos valores nutricionais adecuados ás súas necesidades , tódolos días da semana, incluídos festivos e fins de semana.