O concello da Pobra e AGADEA imparten un curso para coidadores

A POBRA> A concellaría da Promoción Económica da Pobra e a Asociación Galega de axuda a doentes con demencia tipo Alzhéimer, AGADEA, desenvolverán un novo curso dirixido a persoas coidadoras, tanto familiares coma profesionais. A actividade, que se desenvolverá os días 14 e 15 deste mes de marzo, será totalmente de balde, ó contar co financiamento da Federación Alzhéimer Galicia. 

Baixo o título ‘Coidados compartidos’ a concellaría da Promoción Económica da Pobra e AGADEA desenvolverán un novo curso dirixido a persoas coidadoras, tanto familiares coma profesionais. O obxectivo non é outro que formar e informar sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

O curso impartirase os días 14 e 15 de marzo, en horario de mañá, na Casa da Mocidade. será totalmente de balde e estará impartido polo propio persoal de AGADEA.

As inscricións formalizaranse de maneira presencial no local de Servizos Sociais, no Servizo de Orientación Laboral do Concello ou mediante o teléfono de contacto de AGADEA 672 70 50 53.