CAMBADOS> O CEIP Corvillón de Cambados lanzará máis de 2 mil grúas de papel polo día mundial da paz. Dende o centro pedirán un desexo por cada mil figuras. Se superan as 3 mil poderían entra no libro dos récords.
Conta unha lenda xaponesa que se fas mil grúas de papel podes pedir un desexo. Esta lenda converteuse nun símbolo da paz tralo falecemento dunha nena xaponesa por unha leucemia derivada do bombardeo de Hiroshima. Coma homenaxe e para conmemorar o día da paz, o alumnado do CEIP de Corvillón en Cambados elaborou máis de mil grúas de papel.
O alumnado do centro conmemorará o día da paz coas mil grúas e ten ben claro cal é o seu desexo.
O centro loce adornado con grúas de papel, debuxos e mensaxes de paz por tódolos seus corredores. Pero o alumnado non se detén aquí, o seu obxectivo é crear máis de 3 mil figuras para entrar no libro dos records.
Esta non é a única iniciativa que realizarán dende o centro para conmemorar o día dapaz. Dende o departamento de educación física tamén organizarán unha carreira solidaria.
Tanto o lanzamento das grúas como a carreira aprazáronse por mor das restricións. Pero os máis pequenos saíron ao corredor para lanzar as súas figuras para que o seu desexo se cumpra canto antes.