CAMBADOS> Balance positivo das campañas realizadas en redes sociais pola Mancomunidade do Salnés para promocionar as rutas xacobeas. As promocións están enfocadas a atraer máis peregrinos e turistas durante a Semana Santa. Un obxectivo que segundo sinalan dende a mancomunidade, cumpriuse no comezo das vacacións.
A mancomunidade do Salnés lanzou hai tres semanas unha campaña en redes sociais para promocionar as súas rutas xacobeas de cara a Semana Santa. Baixo o paraugas da orixe de todos os camiños, a publicidade xirou en torno a tres anuncios destinados a públicos diferentes para mostrar toda a oferta da comarca.
O obxectivo da mancomunidade é aumentar a visita de turistas durante a Semana Santa.
Cada unha das promocións da Orixe de todos os camiños está enfocada a públicos diferentes.
Os anuncios estiveron destinados á veciñanza de Galicia e o norte de Portugal, pero tamén na contorna das vilas onde ten parada o ave Madrid Galicia e dos principais albergues do camiño portugués.
O investimento da Mancomunidade do Salnés nestas campañas de redes sociais foi de tan só 400 euros, e as súas publicacións conseguiron alcanzar a máis de 90 mil persoas, especialmente o spot de Floreano e Monchiña. Isto, unido á gran afluencia de peregrinos cos que comezou a Semana Santa no Salnés, o balance da mancomunidade é moi positivo.