O alcalde da Illa, aberto a incorporar melloras ao novo plan de tráfico

A ILLA> Entre tanto, nas zonas residencias de uso restrinxido, xa están instalados os sinais e os lectores de matrícula que, ata mediados de xuño, non van multar. O alcalde da Illa defende esta reordenación do tráfico, argumentando que leva anos escoitando a veciños desa zona queixarse do colapso que viven esas rúas. Luís Arosa asegura que está a escoitar todas as demandas dos veciños e comerciantes. Insiste en que o plan está vivo e aberto a cambios. Avanza ademais que están a traballar na creación dun aparcadoiro de 300 prazas preto do instituto.

Os sinais e os lectores de matrículas xa están instalados nos cinco puntos de acceso á nova área de uso restrinxido do centro urbano da Illa. Entran agora nunha fase de probas ata o 15 de xuño, cando comezarán a sancionar. Ata daquela, asegura o alcalde, faranse as modificacións precisas, segundo di, buscando o máximo consenso.

O rexedor di entender o malestar que poden xerar estes cambios. Asegura que logo de escoitar aos empresarios, están a valorar algunhas das súas propostas.

Luis Arosa asegura que o concello tomou esta decisión logo de moitos anos recibindo aquí a veciños da zona afectada queixándose do colapso que vivían esas rúas.

E lamenta que o PP e o concelleiro non adscrito Matían Cañón están alimentando este malestar lanzando bulos.

Por último, o alcalde apunta que xa está traballando para ampliar as zonas de estacionamento na Illa. Avanza que xa se está a negociar a creación dun parking de 300 prazas ao carón do instituto, unindo unha parcela de titulardide da igrexa e outra municipal.