As dúas dimisións da directiva de a Pé pecharán o conflito entre os mariscadores de Vilaxoán

VILAGARCIA> Dimiten da directiva as mariscadoras a Pé sinaladas como as culpables de mover as varas que separaban as zonas de marisqueo en Vilaxoán. Os presidentes de ambas agrupacións de marisqueo da confraría vilagarciá agardan chegar agora a un acordo que poña fin ao conflito.

O conflito entre as agrupacións de mariscadores de Vilaxoán preto de chegar ao final. Os dous membros da directiva da agrupación de a Pé, sinalados como os responsables de mover as varas que separan as zonas de marisqueo, presentaron a súa dimisión.

Para comezar as negociacións é necesario que se complete a directiva da agrupación de a Pé.

Dende a agrupación de a Flote agardaban estas dimisións e aseguran que agora comezarán a negociar para chegar a un acordo.

O presidente da agrupación non descarta pedir algún tipo de compensación nas negociacións.

O venres comezarán as primeiras reunións para completar os órganos de goberno e unha vez establecidos, as agrupacións comezarán a negociar para dar por rematado o conflito.