Ence celebra a súa calidade ambiental e reivindica os seus postos de traballo

PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence celebraron o 5º aniversario da concesión do selo Nordic Swan. Un recoñecemento dos gobernos escandinavos pola súa calidade ambiental. Para festexalo, os operarios da fábrica reuníronse na praza de touros de Pontevedra. Alí houbo actividades infantís, gastronomía e moita música.

A praza de touros foi o lugar elixido por Ence para celebrar o quinto aniversario da concesión do selo Nordic Swan. Un recoñecemento á calidade medio ambiental da fábrica de Lourizán e que segundo os representantes da pasteira é froito do traballo que realizan os operarios para cumprir coas normas europeas e españolas.

No acto, os representantes sindicais tamén quixeron facer referencia ao impacto económico da fábrica e ao ruído que seguirán facendo na rúa.

Miles de persoas reuníronse nesta gran festa, na que non faltou nin a gastronomía nin a música, e na que todos quixeron defender o futuro de Ence en Lourizán.