PONTEVEDRA> O PP pediu esta mañá a Deputación de Pontevedra que non xere falsas expectativas con respecto á homologación dos estudos da Escola de Canteiros de Poio. O deputado autonómico do partido, Jacobo Moreira, asegurou que a institución provincial ofrece “solucións a medias” neste eido e reclamou unha titulación nova, a cal debería ser autorizada polo Goberno Central.
O Partido Popular pediu esta mañá seriedade con respecto a homologación dos estudos da Escola de Canteiros de Poio. Segundo Jacobo Moreira, a Deputación de Pontevedra está ofrecendo solucións a medias e reclama unha titulación nova. A cal debería ser autorizada polo Goberno Central.
Jacobo Moreira asegurou que non existe ningún procedemento nin sistema que permita homologar ensinanzas non regradas como as actuais con títulos oficiais de FP. E polo tanto, pediu que non se confunda a Formación Profesional educativa coa Formación Profesional para o emprego.
O deputado autonómico asegurou que estas competencias non pertencen á Xunta de Galicia e aconsella á Deputación que pida solucións ao Goberno Central.
Por último, Jacobo Moreira quixo recordar que a administración provincial está intentando transferir a titularidade da Escola á Xunta de Galicia. Algo que, segundo o deputado, demostra que a Deputación quere desfacerse dos Canteiros de Poio.