PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou hoxe a Semana do Patrimonio Invisible. Un programa que se poñerá en marcha a vindeira semana e que busca achegar á cidadanía os espazos máis descoñecidos da Boa Vila.
Poñer en valor o patrimonio cultural da cidade, ese é o obxectivo deste programa. O Concello de Pontevedra presentou hoxe a Semana do Patrimonio Invisible. Unha iniciativa que se levará a cabo a vindeira semana e coa que se pretende dar visibilidade aos espazos históricos máis descoñecidos pola veciñanza.
A Semana do Patrimonio Invisible terá lugar entre o 16 e o 18 de xullo. A programación está composta por 18 visitas a 5 espazos da cidade: o convento de Santa Clara, o cemiterio de Santo Amaro, o colexio Sagrado Corazón de Praceres, o pazo de Mugartegui e a Villa Pilar.
As visitas terán un aforo de 15 persoas e a inscrición abrirase mañá ás 9:00 horas. Cada solicitante poderá reservar un máximo de tres visitas para dúas persoas. Toda a información está dispoñible na web www.patrimonioinvisible.gal