A Deputación construirá un novo edificio para o Museo de Pontevedra

PONTEVEDRA> A Deputación quere darlle un novo impulso ao Museo de Pontevedra. Para elo, César Mosquera anunciou esta mañá que a institución provincial construirá un novo inmoble. Nel albergarase a colección arqueolóxica que na actualidade, por falta de espazo, non entra no Sexto Edificio.

O vicepresidente da Deputación anunciou esta mañá que como novo responsable político do Museo de Pontevedra, quere darlle un novo impulso á esta institución. Para elo poñerá en marcha varias liñas de actuacións. A principal será a construción dun novo edificio que serva como almacén para albergar toda a colección arqueolóxica.

César Mosquera asegurou que dende a institución provincial xa están buscando algunha parcela na que se poida construír este novo edificio. E informou que xa se descartaron, por exemplo, o convento de Santa Clara ou o antigo edificio de Facenda situado en San Francisco.

Outra das actuacións que César Mosquera puxo enriba da mesa foi a profesionalización da xestión do Museo. Así como a apertura, o antes posible, dos edificios García Flórez e Castro Monteagudo. Dous inmobles que, na actualidade, encóntranse pechados por problemas estruturais.

Estes son os primeiros pasos que queren dar dende a Deputación para conseguir que o Museo de Pontevedra siga crecendo e continúe sendo un referente nacional.