PONTEVEDRA> O Parque dos Gafos acollerá este sábado a quinta edición do Flop Festival. Un evento xa consolidado na cidade e que busca reivindicar a diversidade, a pluralidade e a liberdade dos veciños de Pontevedra. Polo escenario pasarán artistas como Samantha Hudson, Blue Light in the Basement, More Amore, ou BabyKatze.
Un festival plural e inclusivo. Así é o Flop. O evento, que é xa un referente na programación LGTBI da cidade volve este sábado para celebrar a súa quinta edición. O escenario será o Parque dos Gafos.
Polo Flop pasarán artistas locais como More Amore, Certain People ou Víktor Flores e tamén grupos internacionais como Bell Towers, Sano ou Samantha Hudson. Un cartel pensado para todos os públicos.
Ademais da música, tampouco faltará a gastronomía. Durante o festival haberá diversos foodtrucks e un flopbar.
Cun entorno natural como o Parque dos Gafos e con entrada de balde para todos os concertos, agora soamente queda desfrutar dun dos festivais máis populares da cidade. O evento durará de 12h á 00h. A diversión está garantida.









