Mexillóns e empanada na tradicional romaría de San Bieito de Lérez

PONTEVEDRA> E tras realizar as súas peticións ao santo, tocou baixar á praia fluvial do Lérez. Alí celebrouse a tradicional romaría onde non faltou nin a música nin a gastronomía.

Que sería do San Benitiño de Lérez sen a súa popular romaría. Durante a xornada de hoxe repartíronse 800 kg de mexillóns e máis de 1000 racións de empanada.

Ata a praia fluvial do Lérez achegáronse centos de persoas de todo o panorama nacional.

E aínda que esta romaría foi cambiando moito co paso dos anos.

Hai cousas que nunca cambian.

Unha xornada festiva que ademais este ano contou con moi bo tempo, algo que obrigou a máis de un a buscar un recuncho onde resgardarse.

O alcalde tampouco quixo perder a oportunidade de desfrutar deste gran ambiente festivo.

E así, cos mexillóns e a empanada na boca, remata unha edición máis desta romaría. Na cal tampouco faltou a música tradicional grazas aos grupos Os Alegres e os Gaiteiros das Rías Baixas.