“Queda na casa”, esa é a mensaxe que lle envían os profesores das Doroteas aos seus alumnos

PONTEVEDRA> Animar aos máis pequenos nestes días de confinamento. Ese era o obxectivo dos profesores do colexio Doroteas de Pontevedra. E con ese obxectivo claro, todos eles quixeron sacarlle un sorriso aos seus alumnos cun vídeo no que sobra o positivismo e a alegría. A mensaxe está clara: queda na casa.