PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cáncer puxo hoxe en marcha a campaña “Llámalo Cáncer”. Unha iniciativa que pretende loitar contra o medo que provoca esta palabra na sociedade. A Praza da Peregrina foi o lugar elixido por este colectivo para dar a coñecer as historias de diferentes pacientes.
Vulto, bicho ou tsunami. Palabras ás veces empregadas para evitar falar de cáncer. Para tratar de desmitificar esta palabra na sociedade a Asociación Española contra o cancro puxo hoxe en marcha a campaña “Llámalo Cáncer”.
Aínda que a sociedade ten cada vez máis información desta enfermidade, a palabra cáncer segue indo aparellada dunha sensación de medo, de angustia e de pánico.
Marisa Granjel e Rosa Encinas son dúas mulleres que sobreviviron a un cáncer. Hoxe elas quixeron dar a coñecer a súa historia para demostrar que de esta enfermidade se sae.
En España cada ano diagnostícanse uns 275 mil novos casos. No Complexo Hospitalario de Pontevedra as cifras do último ano superaron os 1.700 novos pacientes.Uns datos que demostran a importancia de seguir investigando nesta enfermidade.