O vilagarcián Manuel Vidal gaña o concurso nacional de Fotografía “Tu foto por un mejor planeta”

VILAGARCÍA> O vilagarcián Manuel Vidal gaña o concurso nacional de Fotografía polo Medio Ambiente. A foto gañadora mostra a un neno recollendo unha roda que estaba tirada na enseada de Cambados. O premo é un patinete eléctrico.

A empresa Cespa Ferrovial con motivo do día do medio ambiente convocou un concurso nacional de fotografía denominado “Tu foto por un mejor planeta”. Ao certame se presentaron 60 participantes e o gañador foi o vilagarcián Manuel Vidal. A foto vencedora mostra a un neno recollendo unha roda tirada na enseada de Cambados.

Dende Cespa – Ferrovial con este concurso queren mostra a súa aposta polo medio ambiente.

O premio é un patinete eléctrico e foi entregado no concello de Vilagarcía. O edil de Oras e servicios destaca a mensaxe que mostra a foto.

Lino Mouriño tamén quixo destacar a importancia destas iniciativas para concienciar a toda a poboación.