Chita, a cadela rescatada pola protectora Os Palleiros nunha leira particular de Bora

PONTEVEDRA> Novo caso de maltrato animal en Bora. Grazas a unha chamada dun veciño, a Policía Autonómica descubriu tres cans que se atopaban en malas condicións nunha leira particular desta parroquia. A protectora Os Palleiros puido rescatar a unha delas pero os outros dous permanecen en dita vivenda.

Ela é Chita, a cadela que foi rescatada onte pola protectora Os Palleiros dunha vivenda en Bora. Todo comezou o pasado venres, cando un veciño alertou á Policía Autonómica da mala situación na que se atopaban tres cans.

A pesar de que a Policía Autonómica intentou que o propietario entregase os tres cans, a protectora soamente puido rescatar a un deles.

Chita foi atopada nunhas pésimas condicións hixiénico-sanitarias pero por sorte xa se recupera na protectora de Campañó.

Dende Os Palleiros piden á cidadanía que siga colaborando en situacións coma estas xa que a súa axuda pode ser crucial para moitos cans.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí