Un grupo de mulleres concéntranse no novo edificio da Xunta en contra da Fundación Red Madre

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia entregou xa as chaves as asociacións que ocuparán os locais do novo edificio administrativo situado en Benito Corbal. 28 entidades que trasladaranse durante os meses de verán para poder comezar coa súa actividade no novo inmoble o antes posible.

Este foi o momento no que a Xunta de Galicia fixo entrega das chaves as asociacións que ocuparán os locais do novo edificio de Benito Corbal. En total 28 entidades que se trasladarán ata aquí nos meses de verán para que poidan comezar a traballar no último trimestre do ano.

A Asociación española contra o cancro, a Fundación Amigos e Amigas do Camiño Portugués ou a Sociedade Deportiva Teucro. Estes son algúns dos colectivos que ocuparán os novos locais. Pero tamén a Red Madre. Unha decisión que foi moi criticada polo grupo municipal do PSOE, que manifestou a súa oposición a esta concesión. Unhas críticas que foron respondidas polo vicepresidente da Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda tachou de incoherente a actitude da concelleira de Igualdade tras recordar que a Red Madre recibira axudas co bipartito do BNG e do PSOE na Xunta de Galicia.

As protestas ante esta concesión non se quedaron soamente no ámbito político. Un grupo de mulleres interromperon o acto de entrega das chaves ao grito de “Vergoña”.

Dende a Xunta de Galicia aseguran que non hai motivos polos que esta Fundación non poida obter un local xa que cumpriu con todos os requisitos para facelo e obtivo unha das mellores puntuacións tendo en conta as bases e os baremos que estipulaba a administración autonómica.