O BNG maniféstase en Montecelo para reclamar á Xunta que invista 200 millóns na sanide pública

PONTEVEDRA> Nova manifestación do BNG para denunciar a mala situación da sanidade pública. Ana Pontón xunto con máis membros da formación mobilizáronse diante do hospital de Montecelo para esixirlle ao Partido Popular: un plan de 200 millóns de euros para investir na sanidade pública, mellorar as condicións dos profesionais e contratar máis médicos.

O BNG volveu manifestarse para defender a sanidade pública. A líder da formación, Ana Pontón, xunto con membros do partido, mobilizáronse diante do hospital de Montecelo para denunciar a situación que a travesa a sanidade pública.

Os nacionalistas sinalan que a pesar de contar cuns excelentes profesionais, o sistema está saturado e os médicos traballan nunhas condicións que os levan aos límites. Culpan ao partido popular de poñer en risco a toda a poboación.

Esta situación de alarma ten o seu punto 0 na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés, onde, segundo denuncia o BNG, normalizouse algo tan grave como que os Pacs estean baleiros.

Ante esta situación, o BNG pide ao presidente da Xunta compareza para dar explicacións.

Como solución á situación, os nacionalistas reclaman un plan de reforzo de 200 millóns para toda a sanidade pública. Co que se podería mellorar os hospitais e evitar que os centros médicos e pacs queden baleiros.

Tamén piden o reforzo dos profesionais sanitarios e o aumento de especialidades no sistema público.

Dende o BNG non entenden que o goberno autonómico rexeite en todo momento as súas propostas. Advirten que a única solución para a sanidade pública é aumentando os seus investimentos e poñendo fin aos recortes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí