A Xunta promete “avances históricos con investimentos históricos” en Pontevedra

PONTEVEDRA> O Gran Montecelo, o Dragado do Lérez e a o saneamento da ría foron os eixes principais desta reunión, pero non foron os únicos. Alberto Núñez Feijoo e Miguel Anxo Fernández Lores intercambiaron información sobre case unha vintena de asuntos. Obras que están xa en marcha e outras que sacaranse a licitación nos vindeiros meses.

Avances históricos con investimentos históricos. Así valorou esta mañá o presidente da Xunta de Galicia os acordos que se están levando a cabo na cidade de Pontevedra en materia de infraestruturas.

O alcalde de Pontevedra aproveitou a reunión para trasladar ao presidente da Xunta todas as necesidades que hai actualmente na cidade. Entre elas, están por suposto as obras da Variante de Alba, as da estación Intermodal ou a da residencia da terceira idade. Tres infraestruturas nas que xa se chegou a un acordo entre ambas administracións.

O transporte metropolitano e urbano sempre foi un dos asuntos máis conflitivos. O alcalde segue apostando por integrar o metropolitano dentro da cidade e facer un transporte a demanda para as parroquias.

En definitiva, unha reunión longa, de máis de dúas horas, nas que a cordialidade e a lealdade institucional foi a base para seguir resolvendo os problemas que máis afectan aos cidadáns de Pontevedra.