PONTEVEDRA> O bo tempo este ano, parece que se está resistindo un pouco nas Rías Baixas. Por iso, son moitos os pontevedreses que deciden irse no mes de agosto de vacacións. Os destinos favoritos seguen sendo as Illas Canarias, as Azores ou Madeira. Un turismo familiar onde segue triunfando o “todo incluído”.
Destinos de sol e praia. Ese seguen os lugares máis demandados polos pontevedreses para desfrutar do mes de agosto. E, segundo esta axencia de viaxes, o lugar por excelencia son ás Illas Canarias.
E aínda que todos soñan con viaxar a destinos paradisíacos, parece que o verán non é a época elixida para facelo.
Aínda que viaxar no mes de agosto soe saírnos caro, parece que este ano o tempo inestable de xullo animou aos pontevedreses a facer as maletas.
Segundo esta axencia de viaxes, os pontevedreses gastaranse nas súas vacacións de agosto unha media de 500 euros. Ademais, este ano parece que aumentou o turismo familiar e o interese polos aloxamentos vacacionais.
Comments are closed.