Prosagap denuncia una situación de colapso nos hospitais polo peche de camas e pola falta de persoal

PONTEVEDRA> Os centros de Atención Primaria e os Hospitais públicos da provincia sufriron esta fin de semana unha situación de colapso pola falta de camas en planta. Un feito denunciado polo persoal dos Puntos de Atención Continuada da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Dende o sindicato Prosagap achacan este problema á mala programación e a falta de contratación por parte do Sergas.

Situación crítica para os centros de saúde e de Atención Continuada da provincia. A falta de persoal, sumado ao peche de camas hospitalarias, provocou esta fin de semana graves problemas de cobertura. Dende o sindicato Prosagap esixen á Consellería de Sanidade que abra as 80 camas que actualmente están pechadas, polo ben do persoal e, sobre todo, dos pacientes.

Ademais do peche de camas hospitalarias, dende o sindicato Prosagap denuncian unha mala planificación da contratación por parte do Sergas.

Ante estas denuncias, o Sergas emitiu un comunicado negando a saturación nos hospitais da provincia. Por iso, dende o sindicato invitan ao conselleiro de Sanidade a visitar o centro de saúde e comprobar o colapso de primeira man.

O persoal dos Puntos de Atención Continuada da provincia senten que están xogando con eles como peóns de xadrez e por iso esixen á Xunta de Galicia que contrate o persoal necesario e que abra, dunha vez por todas, todas as camas para que os pacientes non teñan que esperar para poder ser ingresados en planta.