PONTEVEDRA > Os integrantes da comparsa Os Solfamidas serán os pregoeiros do Entroido pontevedrés. O Concello quixo premiar así o traballo dunha das agrupacións máis activas da comarca. Con eles, arrancarán nove días de festa que encherán as rúas da cidade de cor, baile e alegría.
O misterio sobre quen será o pregoeiro do Entroido deste ano xa está resolto. A comparsa Os Solfamidas será a encargada de dar o pistoletazo de saída a unhas festas que encherán de cor as rúas do centro da cidade. O Concello homenaxea así a un grupo que leva máis de 15 anos participando nesta celebración e que fai un mes sufriu un incendio que destruíu parte do seu material.
Os pregoeiros mostráronse moi agradecidos por esta homenaxe pero tamén confesaron estar asustados porque non queren defraudar.
A comparsa traballa agora para poder cumprir as expectativas e poder estar ao 100% tras o incidente que sufriron.
Os Solfamidas queren traer a diversión e a alegría a Pontevedra e facer que todos os veciños desfruten dunha festa que comezará o 1 de marzo ás 21.00 horas na Praza da Ferraría.
Comments are closed.