NOIA> Noia acollerá o próximo 15 de agosto a dezasete edición da Travesía Solidaria a Nado entre Testal e o Freixo. A actividade, organizada polo Club Adeco-Dea en colaboración co Concello, non ten un carácter competitivo. Dende a organización agardan unha participación próxima ós cen nadadores.
O salón de plenos do Concello acollía este mediodía o acto de presentación da décimo sétima edición da Travesía Solidaria a Nado entre os peiraos do Testal e do Freixo. A proba, de aproximadamente uns tres quilómetros e medio de percorrido, celebrarase o vindeiro xoves 15 de agosto, a partir das catro e media da tarde. Non terá un carácter competitivo, polo que non será necesario estar federado para poder participar.
dende o Concello destacaron a importancia desta actividade, coa que se trata de promover a práctica do deporte entre as persoas con discapacidade, impulsando valores como a solidariedade, a inclusión e a integración social mediante o deporte.
As inscricións poden formalizarse na web www.galitiming.com ata o vindeiro 12 de agosto. Dende a organización apuntan a que nesta ocasión non se admitirán aquelas que se fagan fóra de prazo.